Thursday 16 de May de 2024

Presentación en Ordes do poemario A relixión do mar


Terá lugar esta sábado, 8 de xullo, ás 20 horas no Museo do Traxe. Ademais do autor, Xosé Iglesias, tamén participará o escritor local Xacobo Ríos

Este próximo sábado, 8 de xullo, terá lugar en Ordes a presentación do poemario A relixión do mar, escrito por Xosé Iglesias. O acto, aberto a todas as persoas interesadas, desenvolverase no auditorio do Museo do Traxe ás 20 horas e contará coa participación do escritor ordense Xacobo Ríos. Para a dita presentación cóntase coa colaboración da librería Arume, así como coa do Museo do Traxe Juanjo Liñares.